Profecía 2-III

E pois pertenzo á rara estirpe dos que alenta profecías e dispoñen o río cego dunha luz inaugural sobre a cúpula remota da conciencia, disperso, como aqueles que atenderon a chamada do naufraxio e escoitaron breves vítores de alento xunto á praia, regreso para o fondo do meu canto, camiño posuído por un grito que me medra xunto aos lentos ameneiros que hai na alma e, despois de instaurar un reflexo no escuro, ergo o sopro da voz para entrar no deserto:

– Hai longos días que deixamos aquel berce de terra
onde fomos un brote de incendio
e xa temos conclúido algún naufraxio.

Advertisements