Preguizas 5

Das horas que aínda pase tecendo este misterio
De voces e de sombras, retumbos e silencios,
Non é esta madrugada, erguida sobre o ceo,
Aquela que me entrega sixilos e segredos.

Que a aurora vén sumida nun voo tan circunspecto
Nun carro tan estraño, nun sopro tan discreto,
Que todo o seu rumor de mítico correo,
De heraldo sixiloso, de escuro mensaxeiro,
É só unha fráxil sombra no gris do neboeiro,
Eclipse e orfandade na luz do firmamento.

Así non pode o canto tecer o signo hermético
Que ansía recluír nalgún lugar do verso.

Advertisements