Do río entre salgueiros

O pouso que deixaron en ti aqueles anos
felices nas estradas do íntimo de Europa
non é pouca facenda, escaso capital.

Un día alguén te chama e poste a calcular
os debes e os haberes, os gastos e os ingresos,
e ves a túa fortuna, a herdanza que os teus ollos
felices recibiron en forma de cidades,
de pontes entre a néboa, de sol sobre os tellados,
e dás en ser feliz, pensando que o vivido
non é fonte de pranto.

Ben outro podería, oh ser o teu destino.

Fechado en grave sombra, sen días para ver
a música que xorde do río entre salgueiros.

Advertisements