Crónicas do sochantre

Ninguén para a pensar que pasan estas cousas.

E un día, sen sabelo, despois de moitos anos,
Descobres que xa tes comida e gorentada
A parte que che toca da torta da existencia;

Que, acaso, se vivises aínda un pouco máis,
Coa sorte de poder compor outros poemas,
Xa non te arriscarías igual que te arriscaches,
Que nada se repite, que o tempo xa pasou,

E agora a percorrer aínda o que che falte
O moito, ou máis ben pouco, que teñas que esperar
A negra dilixencia daquel bombardinista
Por terras de Bretaña.

Que goces da súa sorte, que sexas como el,
E poidas regresar,
Feliz,
De novo
A casa.

Advertisements