L’éclair

Sentado unha noite na Quintana dos Mortos
Cando o voo dos reloxos enchía o seu eco na pedra
E pairaba un orballo de cinza nas torres doentes
Escoitei a cidade renxer esvaecida
Achegarse nun laio de sombra ao meu corpo
E soprar nos meus beixos a voz do delirio:
“Aquí están para sempre
a loucura
e o outono”.

de O regreso das ninfas, 1985