Manifesto

Dificilmente pode alguén con harpa e voo
Sumarse á comitiva das novas estulticias
E así emprestar o canto, a seiva, a mesma flor
A espúreos labores de espolio e escombro.

Por máis que sexa incerta a estirpe colosal
Daqueles que aínda andamos nas frautas e a outonía,
Menor é o noso vínculo mundano, baladí,
E sempre sobran honras, e títulos, e fama.

Aqueles que pertenzan á excelsa sociedade
Da lira ou da oración axiña os abandonen
Se é certo que procuran encherse no interior
Co branco fecundo que brilla e dá sombra.

Se non, fica probado que é outro o seu obxecto
E excusan os ollos e a noite e o afán
Gastarse coa lectura de notas, borradores,
Que nunca darán luz, nin gozo, nin consolo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s