Poética 1

Por veces escribir é case como estar
Sentado a unha xanela dunha rúa da alma
Escoitando os murmurios das voces dos que pasan.

Ao lonxe chega un barco ou séntese o bater
De palmas duns aplausos. Despois unha ambulancia.
Un libro que perdín e que agora retoma
O seu voo misterioso entre os fumes da tarde.
A oitava sinfonía do austríaco Bruckner.
O pranto dun mociño. Unha radio distante.

E todo entre unha néboa remota que esvaece
As árbores incertas, os nítidos contornos.

Por iso o que dispoño na lúa do papel,
Na pátina xelada das neves inda intactas
Non é máis que un rumor, un escuro bruar
Do vento que se alonga traéndome eses ecos.

Así que non son eu, nin outro que puidese
Formar parte de min, tocar a miña lira,
Aquel que agora ensaia no ritmo deste son
Un tema xa cantado, unha idea xa escrita,
Senón unha distancia que acaso levo dentro:
Un neno que se afasta, asubiando, da casa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s