Mabel Normand 1892-1930

Dispuxo o corpo alí, no centro da pantalla,
e foinos debuxando nos ollos un solpor,
un voo que esparexía a luz sobre o horizonte,
pois era con certeza da parte máis sombría,
das terras en que emerxen os cólicos das tebras.

Os panos que vestía, as roupas que deixaba
ciscadas pola herba, as luvas ilustradas
con noites que gañara en xogos de casino,
a flor da boca enchida con cinza e refugallos
de antigos amoríos, deixábana de pé
no centro dos insomnios,
chorando por un día que nunca máis volvera,
soñando con fracasos de viños moi escuros.

Non dixo nunca Eu, quizais porque gozou
premendo nos pianos as teclas da tristeza.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s