Gloria Swanson 1899-1983

Ela foi como ningunha o solpor das divindades.

Non houbo vento frío, nin xélida mañá,
nin barco naufragado, nin roupa a clarexar,
que abrise algunha porta ou sombra sen permiso,
sen venia para encher o corpo de tristeza.

Pois todo estaba aberto no pozo dos incendios,
o saco en que deitamos as tebras que se acenden,
a alfombra en que pousamos os pés para chorar.
E todas as mensaxes pegadas nun espello,
pegadas na xanela que daba para o sur,
que daba para o campo da flor do esquecemento.

Non houbo corpo frío,
nin roupa de mañá,
nin porta naufragada,
nin vento sen permiso.

Ela foi como ningunha a xanela dos incendios.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s