Capri, c’est fini

 

Feliz quen ingresado na sombra dun hotel
Un sábado na tarde ocupa un cuarto antigo
Con vistas para o mar, dispón as súas camisas
No fondo do roupeiro, extrae o seu caderno
E ponse a contemplar a tarde no declive
Fugaz e somnolenta. Despois, xa descansado,
Compón o seu poema, falando sobre as artes
E os círculos da historia, e só cando un perfume
Ascende da cociña,
Cromado de fiúnchos e de ouregos,
Decide abandonar o cálido apousento,
Deixarse conducir no enorme elevador
A zonas de feliz restauración
E alí ocupa mesa non lonxe dunha dama
Solteira, sen máis carga que roupa ben escasa;
Sorrí cando ela mira e ponse a dialogar,
O viño non abonda, precisan outra xerra,
E ao cabo dunhas horas, a noite xa estendida,
Camiñan polo fondo do xardín
E sentan xunto ás augas bebendo o derradeiro
Licor de malta, suave, o mesmo que a caricia,
A lenta, a deliciosa caricia que entrecruza
As mans e logo os corpos, ao tempo que xa soa
A orquestra con antigas cancións moi melancólicas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s