Un vello electricista

É certo que o solpor que medra por outubro
Ten páxinas de longas distancias coroadas
E flores con espiñas na música da tarde.

El trae os seus cadernos, con notas e debuxos,
E vainos espallando no asombro destes campos,
Deitando algunha pinta na liña do horizonte,
Tamén esparexendo palabras sobre o mar.

E faino con silencio por máis que algunhas veces
Paxaros e salgueiros ao son do vento sopren
Cancións que se perderon, insomnes serenatas
E cólicos de aire que buscan a frescura,
A liña que un agudo piano desenvolve.

E é certo que o solpor vén canso derrubando
Os líquidos escuros con lenta inspiración,
O mesmo que se fose un vello electricista
Que acende as luces murchas dun campo para a festa,
As lámpadas que logo darán esa visión
De sombras e de brillos, de asombros na alta noite.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s