Istanbul

image

O mesmo que alguén entra a lombos dun cabalo
Seguindo algún destino na luz da primavera,
Na sala dun palacio con música a soar,
Ferido polo vento insomne dos camiños,
Deixando atrás un día de sol sobre o deserto,
Un beixo derramado por labio de muller
E tres ou catro cartas escritas unha noite
De lúa xunto ás torres fendidas polo raio,
O mesmo, digo eu, que grita embebedado
“aquí poño o meu peito, podedes disparar”,
Así dispoño agora na escrita destes versos
As ánforas e os barcos, o estío en que cheguei
Ao fondo da túa longa efixie derramada,
Oh máxica Istanbul.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s