Monólogos Chopin – 4

image

Ninguén che roube nunca de Noite a serenata
Pois son as súas melódicas, mistéricas cancións
Sinais de que no escuro existe unha linguaxe,
Un código roubado ás brétemas do ocaso
Con barcos transportando bodegas de mercurio.

Ninguén poida cegarche a ollada contra Noite
De tanto como fere a luz dos seus contrastes
Nin teñas dos seus labios máis beixo que o das tebras
Pois son os seus galantes, estraños agasallos,
Materias que han ficar no límite das horas
Deitando escuridade.

Que Noite che regale un pouco do esplendor
Que incendia na distancia, queimando acaso naves,
Secretos almacéns con caixas de carbón,
Paquetes que se envían ao sur do esquecemento.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s