O SÍMBOLO DA MORTE

 

 

Dispón o corpo alí na liña da parede
Debaixo destas sombras de cales estragados
E posa para a flor de luz que xa esparexe
A cámara deitando os lóstregos do flash,
A pértega de prata que arrinca un brillo azul
Enriba da súa pel branquísima e espida.

Celebra logo en danzas a lúa que se acende
Nos peitos e no ventre acaso derrubando
A luz en branco e negro o mesmo que se fose
Satélite de cinzas distantes a rotar,
O corpo capturado insólito en acenos
De asombro, en imposibles cadoiros polos brazos.

E na fronte leva escrito o signo da tristeza.

Parada logo en vidros, espellos que devolven
Un círculo de cinza, un cólico de luz,
Apura os viños densos, de sangue culminados,
Dispara algún foguete nun soño de mirada
E sente o desarraigo do corpo tan espido,
O corpo que se prende ás vellas luminarias,
O corpo que abre zanxas de sombras cicatrices,
E asoma un beixo leve do encontro dos seus labios,
Os labios que separan o mundo unha fronteira.

E na fronte leva escrito o símbolo da morte.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s