MILES DE EPITAFIOS

image

 

Detén agora o paso, absorto camiñante,
E para a contemplar as torres que caeron,
Os círculos deixados na terra polo voo
Das aguias incendiadas e o son da apocalipse.

Aquí ficaron mortos centenas de camiños,
Por ducias se contaron os corpos a perder
A vida entre rebumbios e pánicos e cinza.

Ninguén recollerá colleita tan amarga,
De nada han de servir tan altos refugallos,
Inútil ha ficar semente esparexida
En fondos remuíños, en cólicos sen fin.

Repara entre estes ferros no fin da vella idade,
Os tempos que se foron remando nun navío,
Deixando unha catástrofe, final derrubamento.

Pois todo pasa e segue, e todo muda e troca
A cor dos tempos idos por outra máis recente.
Que todo finalmente se afasta e se espreguiza,
Fatiga que se acende no sangue para a morte.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s