Vida de Claude Lorrain

image

Lorrain foi celebrado despois da súa partida.
Rendéronlle os honores dos santos e dos mártires
E todos acenderon candeas como signo
Da dor que lles premía no peito e na mirada.

E así Lorrain chegou á sona que evitara,
As cámaras centraron o foco nas imaxes
Dos tempos esquecidos e houbo quen logrou
Roubar da melodía do tempo unha fragancia
De cinzas e de chuvia, as mesmas que caeran
Nos días en que o mártir, o santo celebrara
Insólitas as nupcias coa Flor do Esquecemento.

Lorrain naqueles cadros sumíase na sombra,
Deitaba a súa figura nas marxes como alguén
Que oculta no visible das formas o baleiro.
E todos relembramos o xeito en que Lorrain
Gardaba o seu silencio, o mesmo que alguén garda
Diñeiros e divisas nun cofre acoirazado.

Lorrain xamais sería alguén para o futuro,
Alguén que cobizase a música dos signos.

Celebro pois agora a fama de Lorrain.
A lúa devalada que erguía como manto,
O signo de vacío que usaba como emblema,
Farrapos as bandeiras do exército vencido,
Das tropas derrubadas nos campos sobre a lama,
As tropas de Lorrain, escuro batallón
De sombras e silencio caído na batalla.

Lorrain, meu coronel, acaso xeneral,
Portando o seu destino de cinza xunto ao olvido.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s