ARTE DE AFINACIÓN

image

Afino as cordas vellas da tarde no piano
E prendo unha candea de cinza ou de solpor.

Atrás fican impresas as túnicas de auga,
O lento refrixerio das notas a pingar
Un longo acorde fresco, sinais de que ha chover
Se antes non regresan as aves consteladas.

Levanto a tapa enorme da caixa sonorosa,
A caixa na que dormen os xeos e o fulgor,
E póñome a pensar se acaso non serían
Benéficos lugares pra darmos acollida
Ás aves africanas, aquelas a soñar
Nalgún lugar remoto cun voo de sono fráxil.

E así pasan as horas, seguindo a proporción
De escalas e de harpexios, o mesmo que se fose
A tarde unha columna do templo da existencia
E a noite un vello altar con deuses invisibles.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s