Interpretacións do cadro de Munch – 3

Aquel abriu o pozo e púxose a mirar
Se dentro había espellos ou xílgaros ou tardes
E así pasou o día, sen nada que enturbase
Algún reflexo fondo das augas xa durmidas.

A música que viña do fondo do verán
Seguindo unha derrota de orquestras e verbenas
Erguíase en distantes cadencias luminosas
Deixando un son absurdo con ecos de motores.

Porén Aquel seguía ollando para o pozo,
Dispondo a súa mirada naquela estraña sombra
Que ás veces refulxía deixando sorprender
A foto aparatosa da efixie fulminada.

Por iso ninguén quixo ficar a noite toda
A oír o son do pozo igual que se escoitase
A noite desde a altura extrema dunha torre.

Aquel, o peregrino, sentindo esa atracción
Dos fondos e dos lindes escuros da materia,
Ollando as estaturas inversas dun furado;

Aquel, o sibarita, a ver se se pousaba
A negra bolboreta dun cólico de sombra.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s