Interpretacións de Claude Lorraine – 3

Acende agora un lume con restos de naufraxio,
Madeiras que chegaron de barcos afundidos
E caixas arribadas á praia no solpor
Levando só misterio, enigmas de salitre.
O mar aquí deitado depáralle unha voz
De ritmo no seu lento discurso acompasado,
O ritmo dunha onda que chega e desdebuxa
As marcas, curvos trazos, de ondas anteriores.
E así pasa unha hora,
O lume a esparexer o gris das fumaredas
No esmalte da distancia e os restos dun azul
Disperso, esvaecido, sumido na tristeza
Da tarde case rota, farrapo da xornada.

Feliz quen prende un lume, medita para si,
E ten para quentar o corpo algunhas táboas,
E o mundo aquí disposto, xacendo nesa alfombra
Infinda dos camiños. Felices os que agora,
Idénticos a min, os homes interpretan
Ben lonxe do seu trato.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s