Interpretacións de Claude Lorrain – 2

Xamais comprenderei os signos que me cercan:
Os montes, o solpor, as praias consteladas
De néboa, os arrecendos das flores e dos peixes.
Xamais. Inda que a chuvia se achegue e desdebuxe
Algúns dos seus perfís. Eu sempre ignorarei
As músicas xeadas que adornan os seus mantos.
Pois todo está disposto a xeito de mensaxe.

Que inútil, pois, Lorrain, oh ti que tanto escoitas,
Tentar sequera un intre algún deses sentidos
Que o mundo vai cobrando, segundo tras segundo:
Que todo vai moendo a roda do devir,
A roda xigantesca dos lumes do crepúsculo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s