Interpretacións de Claude Lorrain – 1

Lorrain sempre proclama que nada ha de pasar,
Pois todo aconteceu e o tempo está detido
Por máis que aínda sucedan discursos e pregarias.

O río que xa flúe non é máis que unha forma
Espuria do devir, as falsas aparencias
Do ritmo constelado.
                                  Mais todo fica quieto.
Parada estrelecida da noite sobre os campos.

Despois pode chover. A morte ter lugar
Nalgún corpo ferido. Recentes animais
Xuntarse a copular debaixo da luada.
Mais nada que deteña a paz desta quietude.

Lorrain está parado. Non ten outra tarefa
Que ollar como se perden as aves na distancia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s