Saturno 5

E eu póñome a pensar se acaso este Durero
Non é máis que Ninguén,
Ninguén extraviado
Seguindo algún camiño de auras e museos.

Mais pode que no fondo non sexa máis que o brillo
Do seu autorretrato, a luz que se desprende
Do rostro xuvenil, da face sublimada.

Por iso está Ninguén ollando para min,
Acaso preguntando, talvez a desexar,
Que acerte a definirlle o rostro de Durero,
O rostro do pintor pintado para si,
Se foi, tal como din, o autor desta pintura,
A táboa en que descubre a alma e a tristeza.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s