SATURNO 3

Eu chego con Ninguén á casa de Durero.

A tarde asume un lenzo no fondo da distancia
E todo é moi visible, semella que deixei
Atrás a miopía e podo ollar as cousas
O mesmo que o pintor, estraña precisión
Que deixa comprender a esencia da tristeza.

Non sei de que se fala se acaso conversamos.

Ninguén deixa sentir a sede e bebe un viño
Escuro como o sangue da terra e dos cabalos.
E todo medra lento en cores opacadas,
Presenza de amarelos e de cobres,
Vermellos case grises e azul atristurado.

Durero serve o viño en vidros tan antigos
Que a luz se filtra neles deixando unha canción
De cinza e de silencio.

E fálase da tarde.

A tarde como tema dos tres iluminados.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s