SATURNO 2

Durero está sentado ollando para min
E eu miro os louros bucles, a barba constelada.

Pregunta por Ninguén, igual que se soubese
Quen é e por que vaga as pontes dos países
Seguindo algunha rota de cadros que admirou
E eu póñome a pensar se acaso non será
Ninguén este Durero devoto de Saturno
Que agora me entrevista, curioso, interrogante.

Pois pode que Ninguén, debaixo dos seus veos,
Aspire a este fulgor de séculos pasados
E veña por un río dobrando algún meandro
En barcas semellantes a sol e sacrificio.

Durero con Ninguén sentados a mirar
As néboas que abre a tarde e os fumes da preguiza.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s