-SATURNO 1

Ninguén deixou de ser o día en que se viu
Sorbendo o viño vello dos cálices da sombra.

“Aquí chegamos”, dixo, e púxose a mirar
Por dentro as roupas tristes que había nos armarios.
Daquela alguén regou a Flor do Esquecemento
E todos, con Ninguén, sentiron que brotaba
A lava silenciosa das páxinas do olvido.

“Oh torpe relembranza que sempre nos enganas,
Que alguén dispoña agora en círculos de sal
O magma da memoria e acceda a consumir
Os corpos ataviados que danzan sobre ela”.

E todos proseguiron cantando a ladaíña,
A escura cantinela dos viños en penumbra,
A negra sinfonía das pedras melancólicas.

Ninguén, o celebrante, sombrío sacerdote
Dos ritos da tristeza, cantando o salmo azul,
Aquel no que as palabras son brétema nun túnel,
Fariña a esparexerse no cárcere sen luz.

Saturno desde o alto, o astro de chorar,
Guiaba os nosos cantos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s