PRIMEIRA EPÍSTOLA DE NINGUÉN

O mago leva a cabo procesos sorprendentes.
Converte un pano branco en fitas de mil cores.
Divide en tres fragmentos un corpo de muller,
Sen sangue nin saloucos.
Extrae do seu chapeu
Obxectos imposibles e pombas, artificios
Que deixan un bulicio incrédulo no público.

Mais todo está suxeito á lei da falsidade,
Engano que a mirada non pode descubrir,
Sinal de que os sentidos oh sempre nos enganan.

Porén entre os poetas non hai outra habelencia
Que aquela que radica no emprego da linguaxe.
Recursos que abren fendas de luz e de tristeza.
A música da voz dispara entre os foguetes
De pólvora e naufraxio algún espello roto
Mais sempre existen aves e xílgaros e canto.

Non hai ningunha maxia no voo da poesía.

Hai arte e sortilexio, procura dunha porta
Que dea para un prado con lúas acendidas,
Que dea para un pozo con auga de diamantes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s