Fragmento épico

Difícil é cantar, sequera con palabras,
a historia do meu pobo, funesta, perseguida,
e como foi vencido, vencido e repudiado,
os muros arrincados da terra en que prenderan,
anacos da bandeira no vento esfarrapados.
Mais debo darvos conta, é obriga que iso faga,
pois ten de ser exemplo, memoria ou ensinanza,
de todos cantos veñan detrás a proseguir
o esforzo de tomar de novo a antiga loita,
as glorias e os canóns que deron terra e tempo
ao heroico pobo meu, nación da néboa verde.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s